Su concurso aquí ->

Relacionados -->

Primer Concurso Literario Policia y Cultura 2009 Comisaria de Huesca @
Premio de Composicion Musical para Banda Sinfonica Maestro Villa
XVI Premio Carvalho Calero de Creacion Literaria Curta
XI Premio de Poesia Avelina de Valladares


Número Concurso:  1764
Bases:  Fallado
Final Plazo: 31-05-2008
País Convocante:
Datos Convocante:
www1.dicoruna.es (3)
diputacion@dicoruna.es (3)
Estado del Concurso:
Última revisión: 27-09-2008
Valorar este Concurso
-Sin Comentarios
Mapa Web     Página Principal
IV Premio de banda deseñada Castelao

Comunicar Bases o Fallo

· MARIANO CASAS GIL GANA EL IV CERTAMEN DE BANDA DESEÑADA CASTELAO

En la Diputación Provincial de A Coruña se ha dado a conocer hoy el fallo del IV Certamen de Banda Deseñada 'Castelao', que recayó en la obra 'Mensaxes', de Mariano Casas Gil, según ha informado Xornal.

El jurado estuvo presidido por el titular de la entidad, e integrado por el comisario del premio, el ilustrador coruñés Miguelanxo Prado, así como la diputada responsable del área de Cultura, Caridad González Cerviño; Horacio Altuna, Ángel de la Calle, Agustín Fernández Paz y Carlos Portela.

El jurado estimó que la obra galardonada es "un magnífico libro que narra una historia asentada en un guión de insólita solidez y una proposta formal que, en un original artificio metalingüístico, juega un papel decisivo en la narración'.

Al certamen concurrieron cinco obras.

Fuente: www.premiosliterarios.com




Tendo en conta, por número e calidade, o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia, contando pois, nestes momentos, cun destacado colectivo de autores, ó entender de moitos especialistas o máis importante do panorama nacional, a Deputación da Coruña, sensible á significación que esta a ter este colectivo convoca o IV Premio de banda deseñada 'Castelao', de acordo coas seguintes:

B A S E S

PRIMEIRA.

Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten narracións en banda deseñada inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en galego, cun máximo de dous autores por obra (un como guionista e outro como debuxante).

SEGUNDA.

Establécese un premio único dotado con 6.500 '.

A Deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, mantendo o autor ou autores os dereitos para a posible edición da obra noutras linguas que non sexa a galega.

Así mesmo, cos traballos orixinais formarase unha exposición de carácter itinerante.

TERCEIRA.

A temática será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

Os traballos presentaranse por duplicado e en exemprares separados, numerados, grampados ou encadernados da seguinte forma:

* O libro presentarase finalizado, tanto en guión como en debuxo.

* O formato deberá ser de mancha 26 x 19 cm., ou proporcional.

* Tamaño dos orixinais: mínimo DIN-A4 e máximo DIN-A3.

No caso de que a maiores os traballos se presenten en soporte dixital, deberán figurar a tamaño final (26 x 29 cm.) e en resolución de 300 ppp para color, 400 ppp para grises, ou 600 ppp para branco e negro, en soporte CD e formato TIFF.

* Extensión mínima 48 páxinas e máxima 64.

* Para a súa valoración enviaranse copias encadernadas en DIN-A4 con calidade láser.

* Os orixinais seranlle requeridos ó gañador para o proceso de edición e preparación da exposición.

As obras presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que conste o título e o lema no seu exterior, e contendo no interior o nome e apelidos do autor ou autores, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono.

No caso de autoría conxunta, deberá incluírse documento explicitando a participación de cada quen e a porcentaxe do premio pactada entre os autores, correspondentemente asinado por eles.

CUARTA.

O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 31 de maio de 2008 e deberán enviarse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre 'IV Premio de banda deseñada 'Castelao'.

QUINTA.

O xurado estará presidido polo sr. presidente da deputación e formarán parte del: o sr. deputado presidente da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico, o director do festival 'Viñetas dende o Atlántico', tres persoas de recoñecido prestixio no eido da banda deseñada nomeadas polo sr. presidente da deputación; actuará como secretario o da corporación ou funcionario no que delegue.

A composición do xurado farase pública con anterioridade a súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

SEXTA.

Os participantes terán a obriga de comunicar á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.

O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posíbel única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros.

As deliberacións serán secretas e delas redatarase a acta correspondente.

O xurado non poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxeto de resolución da Presidencia desta Deputación, que é o órgano competente para concede-lo premio.

O xurado poderá realizar unha selección entre as obras non premiadas, para a súa inclusión nunha exposición, que será itinerante polos concellos da provincia, e da que se editará o correspondente catálogo.

Os autores presentes na exposición recibirán cinco exemprares do catálogo.

A decisión do xurado terá lugar ao longo do mes de xuño.

A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado con fin de que, se o seu autor o permite, poida darse a coñece-lo nome do finalista.

SÉTIMA.

Non se devolverán as obras presentadas e non premiadas e a partires do día seguinte ó fallo do xurado serán destruídas.

OITAVA.

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

A Coruña, 19 de febreiro de 2008.

O PRESIDENTE,

Salvador Fernández Moreda

O SECRETARIO,

José Luis Almau Supervía

www1.dicoruna.es

diputacion@dicoruna.es



Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com