|
||
|
|
| Concursos relacionados: | |||||||||
1er Certamen Literario de relatos breves 2008 Feafes de Valladolid (15-09-2008) |
|||||||||
I Certamen de Relatos Breves La Raiz del Tejo (25-09-2008) |
|||||||||
VIII Certamen de Relatos Breves Mujeres 2008 (15-09-2008) |
|||||||||
II Concurso Relato Breve y Poesia (Peña Cultural Recreativa Romanillos de Medinaceli) @ (30-06-2008) |
|||||||||
II Concurso Imaginia de relato breve @ (15-06-2008) |
|||||||||
Concurso de Relatos Breves Bellver (15-05-2008) |
|||||||||
|
|||||||||
|
|||||||||
|
Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a terceira edición do PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL YPF, de acordo coas seguintes BASES: 1.A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, agás o gañador/a da edición anterior, cunha obra escrita en lingua galega, consonte á normativa establecida pola ' Real Academia Galega'. 2.As obras, que serán orixinais e inéditas, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. 3.Os orixinais, que se presentarán encadernados en oito copias, estarán mecanografados a dobre espazo, a razón de 32 liñas de 70 caracteres aproximadamente. En cada un deles figurará o título da obra e o lema da mesma. Ademais, achegarase un sobre pechado no que figurará o devandito lema e, no seu interior: o nome, enderezo e teléfono do autor ou da autora. Bases obtenidas www.guiaconcursosliterarios.com 4.As obras enviaranse antes do 21 de xullo de 2008, facendo constar no sobre PREMIO DA NARRATIVA BREVE REPSOL YPF, ao seguinte enderezo: Complexo Industrial Repsol YPF Apartado-700 15080 A Coruña 5. Establécese un único premio dotado con 9.000 Euros. Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda. 6. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as obras presentadas non reúnen a calidade suficiente. 7. A contía do Premio inclúe os dereitos de autor pola primeira edición do texto gañador. A obra premiada será publicada por Editorial Galaxia a quen corresponderán os dereitos de edición en galego. En todas as edicións que se realicen farase constar o nome de Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2008. 8. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e será nomeado por Repsol YPF e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coa Real Academia Galega, a Editorial Galaxia, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editores. A súa decisión será inapelable e farase pública no mes de setembro do presente ano 2008. 9. A entrega do Premio terá lugar no decurso dun acto público que se celebrará na cidade de A Coruña. 10. A non ser por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do Premio. 11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou autoras o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous meses, a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos. 12. Nos aspectos non contemplados nestas bases ou naqueles que puideran ser obxecto de interpretación, a decisión corresponde ás entidades organizadoras quen, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán fallo que será inapelable. 13. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das presentes bases. www.repsolypf.com repsolpetroleocoruna@repsolypf.com jpenag@repsolypf.com | |
| Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com | ||