|
||
|
|
| Concursos relacionados: | |||||||||
Certamen Internacional de Poesia y Prosa del Centro Cultural Cristina de Fercey. Tema libre (29-09-2008) |
|||||||||
XIV Certamen de Poesia Miguel Hernandez de Rosal de La Frontera (Huelva) (25-07-2008) |
|||||||||
XLIV Juegos Florales Villa de Paterna 2008 (Poesia y Prosa, 12 Modalidades) (06-06-2008) |
|||||||||
X Premio de Investigacion y Divulgacion Rosario de Acuña (01-03-2008) |
|||||||||
II Certamen de Creacion Literaria Juvenil Poeta Garcia Gutierrez (Poesia y Prosa) (28-03-2008) |
|||||||||
XXXIV Certamen Literario Cooperativo de Poesia y Narrativa Breve Argentina En Versos y Prosas @ (27-02-2008) |
|||||||||
|
|||||||||
|
|||||||||
|
V CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO Co fin de honrar a memoria de Rosa Reboredo Civeira e asemade seguir no labor de consolidación da nosa cultura e a promoción da nosa lingua, a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà convoca o V CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO CIVEIRA, mantendo viva a chama dun labor honesto e impagable a prol da colectividade galega de Catalunya desde as súas responsabilidades como cargo institucional da Generalitat de Catalunya e como membro da xunta directiva da nosa entidade. Rosa Reboredo distinguiuse por traballar pola integración da galeguidade nesta terra de adopción que é Catalunya, e impulsou o espallamento das culturas galega e catalá nestas dúas terras, salientando sempre os principios éticos, valores humanos e o civismo á hora de expresar o que é a nosa idiosincrasia. Dotado con MIL EUROS, convocamos o IV CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO CIVEIRA (2008) de acordo coas seguintes bases: 1.-Poderá concorrer ao certame calquera persoa, sen limitación de idade ou nacionalidade, que presente os seus textos en calquera das linguas oficiais do Estado, reservándose a entidade convocante os dereitos de edición dos traballos presentados traducidos ao GALEGO e mais ao CATALÁN, linguas obxecto de promoción deste certame. Os orixinais (narración ou conxunto de narracións) deberán ser inéditos. A extensión debe estar comprendida entre as DÚAS e SETE páxinas (en A4, a dobre espacio, mecanografado en letra de corpo tamaño 12). 2.- A temática dos traballos deberá estar enfocada a achegar á sociedade os valores humanos máis exemplares, ofrecer á xuventude modelos de civismo, solidariedade, convivencia e respecto polos demais e polo medio ambiente. A literatura debe contribuír á formación responsable dos nosos fillos e a mellorar a nosa sociedade. 3.-De cada orixinal deberán presentarse SETE copias sen encadernación nin grampa, antes do 15 de outubro de 2008, remitíndoos ó enderezo da A.C.G. Rosalía de Castro, rúa Federico Soler, num. 71, 08940, Cornellà de Llobregat, Barcelona. 4.- Os orixinais irán precedidos de título ou lema sempre baixo pseudónimo. Nun sobre pechado (plica) irán os datos reais relativos ao texto e ao autor (título real, nome completo do autor, DNI, teléfono, enderezo e mail), indicando no exterior do sobre V CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO CIVEIRA. 5.-O xurado estará composto por persoeiros salientables da creación e da crítica e será nomeado pola organización da entidade. A decisión do xurado será inapelable e darémola a coñecer durante as Xornadas Culturais de Outono que se celebran anualmente nos meses de outubro, novembro e decembro, no decurso dun acto cultural público. 6.-A entidade convocante resérvase os dereitos de publicación e de traducción dos orixinais presentados no medio e formato que estime oportuno, sen límite de exemplares nin de edicións, permitindo ao autor calquera outra posible edición posterior baixo acordo e comunicación expresa coa entidade convocante, citando sempre o certame e a entidade. Bases obtenidas www.guiaconcursosliterarios.com A participación neste IV CERTAME DE NARRATIVA ROSA REBOREDO CIVEIRA significa a completa aceptación das presentes bases e tamén das decisións do xurado designado. Non se devolverán os orixinais. lua_nova@terra.es | |
| Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com | ||