|
||
|
|
| Concursos relacionados: | |||||||||
VI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (12-06-2008) |
|||||||||
Textos Teatrales Marques de Bradomin (Teatro) (15-04-2008) |
|||||||||
Primera Edicion del Concurso Internacional de Microtextos Garzon Cespedes @ (19-07-2008) |
|||||||||
Concurso Cantigarios de Letras de Musica e Textos de MPB (07-02-2008) |
|||||||||
VIII Premio de Textos Teatrales Alejandro Casona (12-05-2007) |
|||||||||
Banco de Textos Teatrales (Castellano y Catalan) Fundacion Romea (31-12-2007) |
|||||||||
|
|||||||||
|
|||||||||
|
INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS Resolución do 29 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, III Manuel María de literatura dramática infantil e VI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. Co fin de incentivar a creación literaria no ámbito do teatro, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), adscrito á Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, dentro do seu obxecto básico de desenvolvemento da política cultural en relación coa produción, a promoción e a difusión das actividades teatrais (previsto no art. 8 da Lei 4/1989 do 21 de abril, de creación do IGAEM), convoca a XVII edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, a III edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e a VI edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, consonte coas seguintes Primeira.-Obxecto e réxime xurídico. Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2008, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XVII edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da III edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e, en colaboración coa Asociación Cultural Barriga Verde, da VI edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades: para rapaces e para adultos, segundo o público a que vaian dirixidos os textos. A concesión dos premios rexerase por estas bases, pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo Decreto 287/2000 e, en todo o que non contradiga a lexislación galega, pola Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o Real decreto 887/2006 do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións. Segunda-Dotación e imputación orzamentaria. -Existirá un único galardoado por premio (e modalidade, no caso do premio Barriga Verde), coa seguinte dotación económica: -Álvaro Cunqueiro: 6.000 '. -Manuel María: 6.000 '. -Barriga Verde (modalidade infantil): 6.000 '. -Barriga Verde (modalidade para adultos): 6.000 '. Bases obtenidas www.guiaconcursosliterarios.com -Estas cantidades serán imputadas aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para este exercicio 2008, con cargo á aplicación orzamentaria do IGAEM-12.90.432B.480.0, acreditándose a existencia de crédito axeitado e suficiente, e estarán suxeitas ao tratamento fiscal en vigor no momento da concesión. -Coa finalidade de difusión cultural que lle compete ao organismo, o IGAEM poderá editar os textos premiados nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame. Terceira-Participantes, incompatibilidades e motivos de exclusión. -Poderán optar aos premios persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias. -Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios, quedando excluídas, xa que logo, as obras de teatro breve. Quedan excluídos, así mesmo, os textos para teatro de monicreques nos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María. -Quedarán excluídos os orixinais que resultasen ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña, os autores que resulten galardoados na edición 2008 non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias posteriores. -Durante o proceso de resolución desta convocatoria, os participantes teñen a obriga de comunicarlle ao IGAEM a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso. -Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Cuarta.-Forma e prazo de presentación. Textos: -Os textos deberán ser presentados por sextuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, paxinados e grampados ou encadernados. -Na portada de cada unha das copias indicarase unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan (no caso do Barriga Verde, especificando, ademais, a modalidade: rapaces ou adultos). Non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato. Documentación: -Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria deberán entregar un sobre pechado que reflicta no exterior os mesmos datos que na portada dos textos presentados (título e/ou lema e premio a que optan, coa modalidade no caso do premio Barriga Verde). No interior deste sobre pechado deberá incluírse: -Solicitude de participación debidamente cuberta e asinada segundo o anexo I que figura ao final destas bases. -Fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento equivalente. -Declaración asinada polo autor de que o texto presentado non foi publicado nin premiado en ningún momento anterior. Prazo e lugar de admisión: -O período de admisión remata o 12 de xuño de 2008. -O envío debe ser realizado ao seguinte enderezo, con indicación do premio (e no caso do Barriga Verde, da modalidade) a que se presentan: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), rúa da Vesada s/n-San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela. -Así mesmo, poderase presentar no rexistro xeral do IGAEM, nos rexistros das delegacións provinciais da Consellería de Cultura e Deporte, nos servizos ou rexistros correspondentes das comunidades autónomas, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e na súa disposición adicional 18ª. No suposto de optar pola opción do correo certificado, o envío deberá ser datado e selado por correos na parte exterior. -Ao abeiro do establecido no artigo 20.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de participación a estes premios comportará a autorización automática ao IGAEM para solicitar as certificacións de non ter débedas coa Administración pública da comunidade autónoma, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias co Estado e coa Seguridade Social. Estes requisitos deberán acreditarse, en todo caso, antes da tramitación dos pagamentos. Non obstante, se por razóns técnicas ou doutra índole, estes certificados non puidesen ser obtidos polo órgano xestor, poderán serlle requiridos ao premiado. Quinta.-Instrución e tramitación das solicitudes. -A xerencia do IGAEM, directamente ou a través dos seus servizos administrativos e departamentos xestores, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos recollidos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspondéndolle realizar de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar o ditame de concesión dos premios. -En particular, terá atribuídas especificamente as funcións de tramitación das solicitudes e orixinais presentados, a instrución e o requirimento aos beneficiarios dos premios da emenda ou achega da documentación necesaria que resultase de obrigado cumprimento para o procedemento de concesión; todo isto consonte co procedemento recollido no artigo 20.5º da Lei 9/2007. -Para a adxudicación dos premios nas súas distintas modalidades, serán tidos en consideración os criterios e puntuacións que se recollan na base 7 desta resolución. Sexta.-Xurado. -Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un membro do cadro de persoal do IGAEM proposto polo xerente do organismo. -O presidente e dous membros do xurado serán designados pola conselleira de Cultura e Deporte e os tres vogais restantes serán nomeados polo Consello Reitor do IGAEM. A súa composición farase pública no momento de se producir o seu ditame. -O xurado actuará en pleno e será necesaria a asistencia, como mínimo, de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán secretas, e da decisión levantarase a acta correspondente, que será asinada polo presidente e o secretario. -Os membros do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria. -Os premios poderán ser declarados desertos se así o estima o xurado. Sétima.-Criterios de valoración, exame e proposta de resolución: ditame do xurado. -O xurado dará lectura aos orixinais e, tendo en conta os criterios de valoración que se especifican de seguido, elaborará a acta correspondente, relacionando os textos presentados por orde de prelación. -A xerencia do IGAEM, á vista da acta do xurado, elaborará a proposta de resolución e elevaraa ao Consello Reitor do instituto, indicando o título dos textos premiados, o seu autor e o importe económico do premio correspondente. -O xurado, á hora de avaliar os textos presentados, terá en conta os seguintes criterios de valoración: a) Calidade literaria: 30 puntos. b) Calidade dramática: 30 puntos. c) Viabilidade escénica: 20 puntos. d) Adecuación á especificidade de cada premio: 10 puntos. e) Coidado da lingua: 10 puntos. Oitava.-Comunicación da decisión e prazo de aceptación dos premios. -O órgano competente para a resolución dos premios establecidos nesta convocatoria é o Consello Reitor do IGAEM, de conformidade co disposto na Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do IGAEM, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. A decisión do xurado producirase en calquera caso antes do 24 de outubro de 2008 e darase a coñecer por resolución do Consello Reitor a través dos medios de comunicación ou ben en acto público, sen prexuízo da súa publicación na páxina web do IGAEM. Os galardoados deberán aceptar de forma expresa a concesión do premio no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da comunicación. Transcorrido este prazo sen comunicar a aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada. -De non notificarse resolución favorable dentro do prazo indicado no parágrafo 1º, entenderanse desestimadas por silencio administrativo as solicitudes correspondentes. Contra esta desestimación presunta, así como contra a resolución expresa de adxudicación de premios, poderá interpoñerse no prazo dun mes recurso de alzada ante a conselleira de Cultura e Deporte, previo ao recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, na forma e nos prazos previstos no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Novena.-Publicidade das obras premiadas. -O IGAEM publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais deste instituto unha relación que conteña os extremos indicados na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Así mesmo, e de conformidade co establecido no artigo 13, punto 5º d) da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o IGAEM publicará na súa páxina web unha relación dos beneficiarios dos premios, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos dos premiados e da súa publicación na páxina web do IGAEM. -Ademais, incluiranse nos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevan tes referidos ás axudas, subvencións ou premios recibidos, así como as sancións impostas. -Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores e como cautela prevista no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (e coa finalidade de protexer a identidade e os datos persoais dos participantes nesta convocatoria), na relación publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios deste instituto unicamente se fará constar unha referencia aos datos dos participantes que resultasen premiados, quedando preservados e debidamente protexidos a identidade e demais datos persoais dos restantes participantes na convocatoria. Decima.-Pagamento dos premios. -Os premios outorgados por estas bases serán aboados dentro do exercicio económico 2008, unha vez quede debidamente acreditada a identidade do autor. Así mesmo, e ao resultar que o requisito de achega da documentación necesaria para a xustificación e cobramento do premio xa foi cumprido mediante a presentación da solicitude de participación nestas bases, non será necesario presentar ningunha outra documentación complementaria para a súa liquidación, coa excepción do certificado bancario co número de conta do que sexa titular o adxudicatario. Décimo primeira.-Retirada de orixinais non premiados. -Os textos non premiados, así como o sobre pechado coa documentación administrativa, poderán ser retirados das oficinas do IGAEM, logo de presentar a solicitude de retirada asinada polo autor e a identificación no momento da súa recollida, nun prazo de 30 días contados a partir do seguinte ao da decisión do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo indicado serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto. Décimo segunda.-Información e control. -Os beneficiarios dos premios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou polo Consello de Contas segundo a súa normativa propia. -Ademais, deberáselle facilitar ao IGAEM toda a información e documentación complementarias que estime precisas para a concesión ou aboamento do importe dos premios. Décimo terceira.-Supostos de reintegro. -Procederá o reintegro total do premio concedido e dos xuros de mora que se teña dereito a percibir desde o momento do seu aboamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento por parte dos beneficiarios dos premios das condicións establecidas para a súa conce sión, ou, se é o caso, os supostos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei de subvencións de Galicia, aprobada por Lei 9/2007, do 13 de xuño. Décimo cuarta.-Aceptación e desenvolvemento das bases. -A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. -A xerencia do IGAEM poderá ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta convocatoria. Disposicións adicionais Primeira.-Normativa de aplicación. As bases reguladoras deste convocatoria axustaranse ás instrucións previstas nesta convocatoria, así como polo disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro; rexerase ademais, no que naquelas non estiver previsto, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como en calquera outra disposición normativa que pola súa natureza puidese resultar de aplicación. Segunda.-Posibilidade de recurso. Esta resolución é definitiva na vía administrativa, consonte co artigo 14.1º da Lei galega 9/2007, do 13 de xuño, e contra ela cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, de acordo co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, contra esta resolución poderáse recorrer potestativamente en reposición, no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto nos arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Terceira.-Entrada en vigor. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2008. Ánxela Bugallo Rodríguez Presidenta do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais http://www.editoresgalegos.org info@editoresgalegos.org | |
| Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com | ||