Webmasters, ganen dinero mostrando Avisos de contexto Oxado
Guia de Concursos Literarios
Esteban Navarro

Concursos relacionados:
Menu de Acceso Concursos
  III Premio Fundacion Caixa Galicia de literatura xuvenil Xerais (07-04-2008)
  III Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil (17-05-2008)
  LXIX Premio Alejandro Perez Lugin 2008, de Periodismo (30-11-2008)
  Premio Miguel Laborderta 2008 (17-09-2008)
  Premio de las Letras Aragonesas (17-09-2008)
  Premio Arnal Cavero 2008 (17-09-2008)
Número Concurso:  5106
Bases:  Bases
Final Plazo: 16-08-2008
Estado del Concurso:

Última revisión: 04-07-2008

¿Que significan las estrellas?


País Convocante:
www.aelg.org
presidencia@aelg.org


    VII premio de literatura infantil e xuvenil Raiña Lupa





NOTA:

    La Guía de Concursos Literarios refleja en su Base de Datos todos los concursos que ayuden a informar, promocionar, estimular y difundir la creación literaria, en cumplimiento de uno de sus principales objetivos fundacionales.
    Las Bases aquí incluidas son indicativas. Se recomienda siempre mantener contacto con los organizadores de los concursos, a fin de estar al tanto de cualquier cambio que en ellas pudieran producirse e informar, siempre que sea posible al administrador de esta página para que pueda actualizar los datos aquí incluídos.


Coa ansia de fomenta-la creatividade fabuladora dirixida ó mundo dos nenos e, ó mesmo tempo, facer memoria deste personaxe da lenda e dos contos populares en relación coas terras de Compostela, convócase o VII Premio de literatura infentil e xuvenil 'Raíña Lupa', de acordo coas seguintes

B A S E S

PRIMEIRA.

Poderán optar ó premio tódalas persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten narracións adicadas ó público infantil ou xuvenil, inéditas e non premiadas con anterioridade, e escritas en galego.

SEGUNDA.

Outorgarase un premio único e indivisible dotado con 6.500 '.

A deputación publicará a obra premiada, directamente ou a través doutra editorial, reservándose durante dezaoito meses os dereitos de edición.

TERCEIRA.

As obras serán de tema e extensión libres, observando as características propias da novela adicada ó público infantil ou xuvenil, podendo contemplar a inclusión de elementos ilustrativos, gráficos, etc. As obras presentaranse por duplicado e en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.

As obras presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que se fará constar o título e o lema no seu exterior, e que conteña no seu interior o nome e os apelidos do autor, o seu domicilio, nacionalidade e número de teléfono.

CUARTA.

O prazo de recepción das obras rematará o día 16 de agosto de dous mil oito e enviaranse á Deputación Provincial, Avda. de Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre 'VII Premio de literatura infantil e xuvenil 'Raíña Lupa'.

QUINTA.

O xurado estará presidido polo señor presidente da deputación e formarán parte del a señora deputada presidenta da Comisión de Cultura,Educación e Patrimonio Histórico-Artístico, e cinco persoas de recoñecido prestixio do ámbito literario nomeadas polo sr. presidente da Deputación , e o gañador do ano anterior, que poderá ser substituído por outra persoa, no caso de que non lle fose posible acepta-la súa participación; actuará como secretario o da corporación ou funcionario no que delegue.

A composición do xurado publicarase con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

SEXTA.

Os participantes terán a obriga de comunicar á deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso.

O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posibel única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros.

As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.

O xurado non poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta deputación, que é o órgano competente para resolve-lo premio.

O premio decidirase nas datas comprendidas entre o 18 de agosto e o 30 de septembro do ano 2008, e será dado a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.

A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado a fin de que, se o seu autor o permite, poida darse a coñecer o nome do finalista.

Bases obtenidas www.guiaconcursosliterarios.com

SÉTIMA.

Non se devolverán as obras presentadas non premiadas, e a partir da decisión do xurado serán destruídas.

OITAVA.

A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte dos seus autores.

A Coruña, 19 de febreiro de 2008.

O PRESIDENTE,

Salvador Fernández Moreda

O SECRETARIO,

José Luis Almau Supervía

http://www.aelg.org

presidencia@aelg.org



Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com