Asumindo a significación que, no seu tempo, tivo Manuel Murguía como un intelectual preocupado por difundir e dignificar a cultura de Galicia como un pobo aberto, convócase o VII Premio de Ensaio 'Manuel Murguía' adicado ás ciencias históricas, de acordo coas seguintes
B A S E S
PRIMEIRA.
Poderán optar ó premio tódolos autores de calquera nacionalidade, que presenten ensaios de carácter histórico, referidos a Galicia, inéditos e non premiados con anterioridade.
SEGUNDA.
Establécese un premio único e indivisible dotado coa cantidade de 6.500 '.
A Deputación publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de edición da mesma, e entregará ó gañador trinta exemplares.
TERCEIRA.
Os traballos farán referencia a calquera aspecto da Comunidade Autónoma de Galicia, podendo abarcar calquera período da historia.
A extensión dos textos será libre e enviaranse por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.
Os orixinais presentaranse baixo un título e un lema, achegados de plica na que conste o título e o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono.
CUARTA.
O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 30 de setembro de dous mil oito, e deberán enviarse á Deputación da Coruña, Avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre 'VII Premio de ensaio Manuel Murguía'.
QUINTA.
O xurado estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña e formarán parte do mesmo: o sr. deputado presidente da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico e cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito da investigación histórica nomeados polo sr. presidente da Deputación; actuará como secretario o da corporación ou funcionario no que delegue.
A composición do xurado farase publica con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
SEXTA.
Os participantes terán a obriga de comunicar á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar a súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado non poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta Deputación, que é o órgano competente para resolve-lo premio.
A decisión do xurado terá lugar no cuarto trimestre do ano 2008 e darase a coñecer nos distintos medios de comunicación.
A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado co fin de que, se o seu autor o permite, poida darse a coñece-lo nome do finalista.
www.guiaconcursosliterarios.com
SÉTIMA.
Non se devolverán as obras presentadas non premiadas, e dende o día seguinte ó da decisión do xurado serán destruidas.
OITAVA.
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
A Coruña, 19 de febrero de 2008.
O PRESIDENTE,
Salvador Fernández Moreda
O SECRETARIO,
José Luis Almau Supervía
|