Mapa Web
VI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques Página Principal
¿Cómo Patrocinar? --> Primer Concurso Literario Policia y Cultura 2009 Comisaria de Huesca @
Otros Concursos Relacionados ->
Certamen Nacional de Teatro Aficionado de Valdemorillo 2008
I Muestra de Teatro Aficionado de Getafe 2008. Solo Comunidad de Madrid

I Premio Internacional de Teatro para Autores Noveles Agustin Gonzalez
Número Concurso:  5305
Bases:  Cerrado
Final Plazo: 12-06-2008
Estado del Concurso:

Última revisión: 04-09-2008


¿Valora este Concurso?

País Convocante:
Datos Convocante:
www.editoresgalegos.org (7)
info@editoresgalegos.org (2)
   
Enviar Bases/Fallo
VI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques





NOTA:

    La Guía de Concursos Literarios refleja en su Base de Datos todos los concursos que ayuden a informar, promocionar, estimular y difundir la creación literaria, en cumplimiento de uno de sus principales objetivos fundacionales.
    Las Bases aquí incluidas son indicativas. Se recomienda siempre mantener contacto con los organizadores de los concursos, a fin de estar al tanto de cualquier cambio que en ellas pudieran producirse e informar, siempre que sea posible al administrador de esta página para que pueda actualizar los datos aquí incluídos.


INSTITUTO GALEGO DAS ARTES

ESCÉNICAS E MUSICAIS

Resolución do 29 de febreiro de 2008 pola

que se establecen as bases reguladoras e se

fai pública a convocatoria para a concesión

dos premios XVII Álvaro Cunqueiro

para textos teatrais, III Manuel María de

literatura dramática infantil e VI Barriga

Verde de textos para teatro de monicreques.

Co fin de incentivar a creación literaria no ámbito

do teatro, o Instituto Galego das Artes Escénicas e

Musicais (IGAEM), adscrito á Consellería de Cultura

e Deporte da Xunta de Galicia, dentro do seu

obxecto básico de desenvolvemento da política cultural

en relación coa produción, a promoción e a

difusión das actividades teatrais (previsto no art. 8

da Lei 4/1989 do 21 de abril, de creación do

IGAEM), convoca a XVII edición do premio Álvaro

Cunqueiro para textos teatrais, a III edición do premio

Manuel María de literatura dramática infantil e

a VI edición do premio Barriga Verde de textos para

teatro de monicreques, consonte coas seguintes

Primeira.-Obxecto e réxime xurídico.

Por medio desta resolución establécense as bases

reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano

2008, baixo o réxime de concorrencia competitiva,

da XVII edición do premio Álvaro Cunqueiro para

textos teatrais, da III edición do premio Manuel

María de literatura dramática infantil e, en colaboración

coa Asociación Cultural Barriga Verde, da VI

edición do premio Barriga Verde de textos para teatro

de monicreques en dúas modalidades: para rapaces

e para adultos, segundo o público a que vaian

dirixidos os textos.

A concesión dos premios rexerase por estas bases,

pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de

Galicia, polo Decreto 287/2000 e, en todo o que non

contradiga a lexislación galega, pola Lei 38/2003 do

17 de novembro, xeral de subvencións, así como o

Real decreto 887/2006 do 21 de xullo, polo que se

aproba o Regulamento xeral de subvencións.

Segunda-Dotación e imputación orzamentaria.

-Existirá un único galardoado por premio (e modalidade,

no caso do premio Barriga Verde), coa

seguinte dotación económica:

-Álvaro Cunqueiro: 6.000 '.

-Manuel María: 6.000 '.

-Barriga Verde (modalidade infantil): 6.000 '.

-Barriga Verde (modalidade para adultos): 6.000 '.

Bases en www.guiaconcursosliterarios.com

-Estas cantidades serán imputadas aos orzamentos

xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para

este exercicio 2008, con cargo á aplicación orzamentaria

do IGAEM-12.90.432B.480.0, acreditándose

a existencia de crédito axeitado e suficiente, e

estarán suxeitas ao tratamento fiscal en vigor no

momento da concesión.

-Coa finalidade de difusión cultural que lle compete

ao organismo, o IGAEM poderá editar os textos

premiados nas súas coleccións, reservando para si

os dereitos de edición ou coedición durante un

período de dous anos desde a comunicación do ditame.

Terceira-Participantes, incompatibilidades e motivos

de exclusión.

-Poderán optar aos premios persoas físicas que

presenten textos teatrais inéditos escritos en galego

conforme a normativa vixente, non representados

nin premiados anteriormente noutros concursos ou

convocatorias.

-Os textos serán de tema e extensión libres, tendo

en conta o principio de duración normal dun espectáculo

completo para cada un dos premios, quedando

excluídas, xa que logo, as obras de teatro breve.

Quedan excluídos, así mesmo, os textos para teatro

de monicreques nos premios Álvaro Cunqueiro e

Manuel María.

-Quedarán excluídos os orixinais que resultasen

ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias

inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña,

os autores que resulten galardoados na edición 2008

non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias

posteriores.

-Durante o proceso de resolución desta convocatoria,

os participantes teñen a obriga de comunicarlle

ao IGAEM a concesión de calquera premio que

obteña a obra presentada no momento en que esta

situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión

do proceso.

-Non poderán acceder a estes premios os participantes

que se atopen afectados por algunha das circunstancias

previstas nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei

9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarta.-Forma e prazo de presentación.

Textos:

-Os textos deberán ser presentados por sextuplicado,

en exemplares separados, en tamaño DIN A-4,

mecanografados a dobre espazo por unha soa cara,

paxinados e grampados ou encadernados.

-Na portada de cada unha das copias indicarase

unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan

(no caso do Barriga Verde, especificando, ademais, a

modalidade: rapaces ou adultos). Non poderá figurar

ningún dato que poida identificar o participante e

romper o anonimato.

Documentación:

-Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria

deberán entregar un sobre pechado que reflicta

no exterior os mesmos datos que na portada dos

textos presentados (título e/ou lema e premio a que

optan, coa modalidade no caso do premio Barriga

Verde). No interior deste sobre pechado deberá

incluírse:

-Solicitude de participación debidamente cuberta

e asinada segundo o anexo I que figura ao final destas

bases.

-Fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento

equivalente.

-Declaración asinada polo autor de que o texto

presentado non foi publicado nin premiado en ningún

momento anterior.

Prazo e lugar de admisión:

-O período de admisión remata o 12 de xuño de

2008.

-O envío debe ser realizado ao seguinte enderezo,

con indicación do premio (e no caso do Barriga Verde,

da modalidade) a que se presentan:

Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

(IGAEM), rúa da Vesada s/n-San Lázaro, 15703 Santiago

de Compostela.

-Así mesmo, poderase presentar no rexistro xeral

do IGAEM, nos rexistros das delegacións provinciais

da Consellería de Cultura e Deporte, nos servizos

ou rexistros correspondentes das comunidades

autónomas, ou por calquera dos medios establecidos

no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, na súa redacción dada pola

Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e na súa disposición

adicional 18ª. No suposto de optar pola opción do

correo certificado, o envío deberá ser datado e selado

por correos na parte exterior.

-Ao abeiro do establecido no artigo 20.3º da

Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a presentación

da solicitude de participación a estes premios

comportará a autorización automática ao IGAEM

para solicitar as certificacións de non ter débedas

coa Administración pública da comunidade autónoma,

así como de estar ao día no cumprimento das

obrigas tributarias co Estado e coa Seguridade

Social. Estes requisitos deberán acreditarse, en todo

caso, antes da tramitación dos pagamentos. Non obstante,

se por razóns técnicas ou doutra índole, estes

certificados non puidesen ser obtidos polo órgano

xestor, poderán serlle requiridos ao premiado.

Quinta.-Instrución e tramitación das solicitudes.

-A xerencia do IGAEM, directamente ou a través

dos seus servizos administrativos e departamentos

xestores, actuará como órgano instrutor do procedemento,

nos termos recollidos no artigo 21 da

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

correspondéndolle realizar de oficio cantas

actuacións estime necesarias para a determinación,

coñecemento e comprobación dos datos en virtude

dos cales se debe pronunciar o ditame de concesión

dos premios.

-En particular, terá atribuídas especificamente as

funcións de tramitación das solicitudes e orixinais

presentados, a instrución e o requirimento aos beneficiarios

dos premios da emenda ou achega da documentación

necesaria que resultase de obrigado cumprimento

para o procedemento de concesión; todo

isto consonte co procedemento recollido no artigo

20.5º da Lei 9/2007.

-Para a adxudicación dos premios nas súas distintas

modalidades, serán tidos en consideración os criterios

e puntuacións que se recollan na base 7 desta

resolución.

Sexta.-Xurado.

-Para a avaliación dos textos constituirase un

xurado formado por persoas de recoñecido prestixio

no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura

dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos,

autores e adaptadores, e outros dous entre

directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará

como secretario, con voz e sen voto, un membro

do cadro de persoal do IGAEM proposto polo xerente

do organismo.

-O presidente e dous membros do xurado serán

designados pola conselleira de Cultura e Deporte e

os tres vogais restantes serán nomeados polo Consello

Reitor do IGAEM. A súa composición farase

pública no momento de se producir o seu ditame.

-O xurado actuará en pleno e será necesaria a asistencia,

como mínimo, de dous terzos dos seus membros.

As súas deliberacións serán secretas, e da

decisión levantarase a acta correspondente, que será

asinada polo presidente e o secretario.

-Os membros do xurado non poderán presentar

textos a esta convocatoria.

-Os premios poderán ser declarados desertos se así

o estima o xurado.

Sétima.-Criterios de valoración, exame e proposta

de resolución: ditame do xurado.

-O xurado dará lectura aos orixinais e, tendo en

conta os criterios de valoración que se especifican

de seguido, elaborará a acta correspondente, relacionando

os textos presentados por orde de prelación.

-A xerencia do IGAEM, á vista da acta do xurado,

elaborará a proposta de resolución e elevaraa ao

Consello Reitor do instituto, indicando o título dos

textos premiados, o seu autor e o importe económico

do premio correspondente.

-O xurado, á hora de avaliar os textos presentados,

terá en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Calidade literaria: 30 puntos.

b) Calidade dramática: 30 puntos.

c) Viabilidade escénica: 20 puntos.

d) Adecuación á especificidade de cada premio:

10 puntos.

e) Coidado da lingua: 10 puntos.

Oitava.-Comunicación da decisión e prazo de aceptación

dos premios.

-O órgano competente para a resolución dos premios

establecidos nesta convocatoria é o Consello

Reitor do IGAEM, de conformidade co disposto na

Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do IGAEM,

modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. A

decisión do xurado producirase en calquera caso

antes do 24 de outubro de 2008 e darase a coñecer

por resolución do Consello Reitor a través dos

medios de comunicación ou ben en acto público, sen

prexuízo da súa publicación na páxina web do

IGAEM. Os galardoados deberán aceptar de forma

expresa a concesión do premio no prazo de 10 días

hábiles contados a partir do día seguinte ao da

comunicación. Transcorrido este prazo sen comunicar

a aceptación ou sen producirse manifestación

expresa, entenderase tacitamente aceptada.

-De non notificarse resolución favorable dentro do

prazo indicado no parágrafo 1º, entenderanse desestimadas

por silencio administrativo as solicitudes

correspondentes. Contra esta desestimación presunta,

así como contra a resolución expresa de adxudicación

de premios, poderá interpoñerse no prazo

dun mes recurso de alzada ante a conselleira de Cultura

e Deporte, previo ao recurso contencioso-administrativo

ante o órgano xurisdicional competente,

na forma e nos prazos previstos no artigo 46 da

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición

contencioso-administrativa.

Novena.-Publicidade das obras premiadas.

-O IGAEM publicará no taboleiro de anuncios dos

servizos centrais deste instituto unha relación que

conteña os extremos indicados na Lei 9/2007, de

subvencións de Galicia. Así mesmo, e de conformidade

co establecido no artigo 13, punto 5º d) da

Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas

prácticas na Administración pública galega, o

IGAEM publicará na súa páxina web unha relación

dos beneficiarios dos premios, polo que a presentación

da solicitude leva implícita a autorización para

o tratamento dos datos dos premiados e da súa publicación

na páxina web do IGAEM.

-Ademais, incluiranse nos rexistros de axudas,

subvencións, convenios e de sancións, regulados no

Decreto 132/2006, do 27 de xullo, os datos relevan

tes referidos ás axudas, subvencións ou premios

recibidos, así como as sancións impostas.

-Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores

e como cautela prevista no artigo 15 da

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

(e coa finalidade de protexer a identidade e os

datos persoais dos participantes nesta convocatoria),

na relación publicada na páxina web e no taboleiro

de anuncios deste instituto unicamente se fará constar

unha referencia aos datos dos participantes que

resultasen premiados, quedando preservados e debidamente

protexidos a identidade e demais datos persoais

dos restantes participantes na convocatoria.

Decima.-Pagamento dos premios.

-Os premios outorgados por estas bases serán

aboados dentro do exercicio económico 2008, unha

vez quede debidamente acreditada a identidade do

autor. Así mesmo, e ao resultar que o requisito de

achega da documentación necesaria para a xustificación

e cobramento do premio xa foi cumprido

mediante a presentación da solicitude de participación

nestas bases, non será necesario presentar

ningunha outra documentación complementaria para

a súa liquidación, coa excepción do certificado bancario

co número de conta do que sexa titular o adxudicatario.

Décimo primeira.-Retirada de orixinais non premiados.

-Os textos non premiados, así como o sobre pechado

coa documentación administrativa, poderán ser

retirados das oficinas do IGAEM, logo de presentar

a solicitude de retirada asinada polo autor e a identificación

no momento da súa recollida, nun prazo de

30 días contados a partir do seguinte ao da decisión

do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo

indicado serán destruídos, sen que caiba

ningunha reclamación ao respecto.

Décimo segunda.-Información e control.

-Os beneficiarios dos premios quedan sometidos

ás actuacións de comprobación e control efectuadas

polo órgano competente para resolver, así como ás

de control financeiro desenvolvidas pola Intervención

Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o

establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou polo

Consello de Contas segundo a súa normativa propia.

-Ademais, deberáselle facilitar ao IGAEM toda a

información e documentación complementarias que

estime precisas para a concesión ou aboamento do

importe dos premios.

Décimo terceira.-Supostos de reintegro.

-Procederá o reintegro total do premio concedido e

dos xuros de mora que se teña dereito a percibir desde

o momento do seu aboamento ata a data en que se

acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de

incumprimento por parte dos beneficiarios dos premios

das condicións establecidas para a súa conce

sión, ou, se é o caso, os supostos previstos nos artigos

32 e 33 da Lei de subvencións de Galicia, aprobada

por Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Décimo cuarta.-Aceptación e desenvolvemento das

bases.

-A participación nesta convocatoria supón a total

aceptación destas bases.

-A xerencia do IGAEM poderá ditar, no ámbito das

súas competencias, as resolucións precisas para o

desenvolvemento desta convocatoria.

Disposicións adicionais

Primeira.-Normativa de aplicación.

As bases reguladoras deste convocatoria axustaranse

ás instrucións previstas nesta convocatoria,

así como polo disposto na Lei 9/2007, do 13 de

xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto

287/2000, do 21 de novembro; rexerase ademais, no

que naquelas non estiver previsto, pola Lei 38/2003,

do 17 de novembro, xeral de subvencións, polo Real

decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como en calquera

outra disposición normativa que pola súa

natureza puidese resultar de aplicación.

Segunda.-Posibilidade de recurso.

Esta resolución é definitiva na vía administrativa,

consonte co artigo 14.1º da Lei galega 9/2007, do 13

de xuño, e contra ela cabe interpoñer directamente

recurso contencioso-administrativo no prazo de dous

meses, contados desde o día seguinte ao da data da

súa notificación, de acordo co disposto no artigo

46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da

xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, contra esta resolución poderáse recorrer

potestativamente en reposición, no prazo dun

mes desde a súa publicación no Diario Oficial de

Galicia, e ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo

co disposto nos arts. 116 e 117 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo

común.

Terceira.-Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao

da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Presidenta do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais

http://www.editoresgalegos.org

info@editoresgalegos.org



VALORACIONES DE LOS USUARIOS:
-Sin Valoraciones


Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com