Su concurso aquí ->

Relacionados -->

Concurso de Relatos Cortos Beso de Rechenna @
Segundo Certamen Literario de la Sierra de Madrid Jose Saramago @
Premio de Ensayo y Humanidades Jose Ortega y Gasset
IX Certamen de Poesia Jose M Campos Giles


Número Concurso:  5371
Bases:  5-25
Final Plazo: 31-12-2008
País Convocante:
Datos Convocante:
www.santiagosociocultural.org (1)
bibliotecacsc@santiagodecompostela.org (1)
Estado del Concurso:
Última revisión: 24-09-2008
Valorar este Concurso
-Sin Comentarios
Mapa Web     Página Principal
VIII Certame Literario de Relato Curto Jose SARAMAGO 2008

Comunicar Bases o Fallo

Os Centros Socioculturais convocan o VIII Certame

Literario 'José Saramago' de Relato Curto 2008. O premio será

de 1000 euros e as bases do certame recóllense a seguir:

un Ter máis de 14 anos e residir na comunidade autónoma galega.

dous O tema será libre. Os relatos deben ser orixinais

e inéditos. Só se admitirá un traballo por persoa.

tres En lingua galega.

catro A extensión non poderá ser menor de 5 páxinas nin maior de 25.

cinco Presentarase unha copia mecanografada a dous espazos

e por unha soa cara, en Din A4 debidamente grampados,

cosidos ou encadernados; e unha copia en formato dixitalizado

(PDF ou un formato aberto como ODT, TXT, RTF, etc.).

seis Os relatos irán nun sobre pechado no que figurará de forma

destacada: VIII Certame de Relato Curto José Saramago

e o título da obra; dentro deste irá outro sobre pechado co título

da obra escrito por fóra e no que se introducirán os datos do

autor ou autora (nome, apelidos, enderezo e teléfono, así como

unha fotocopia do DNI). Nin nos traballos nin no sobre figurará

ningún elemento que permita identificar o autor ou autora.

sete O prazo de presentación dos traballos conclúe o

31 de decembro de 2008 e débense entregar no

Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente

Salvador Allende, 4). Unha vez rematado o prazo publicarase

a listaxe de traballos presentados na páxina web de Centros

Socioculturais durante 15 días para posíbeis reclamacións.

oito O xurado estará composto polo concelleiro delegado de Centros

Socioculturais, tres técnicos, o gañador da anterior edición e un

escritor. A decisión do xurado con respecto ao gañador é inapelábel.

nove A decisión do xurado darase a coñecer antes de

marzo de 2009. Farase entrega dunha acreditación do

premio acadado no acto de entrega de premios.

dez Os orixinais e as copias poderán ser recollidos na biblioteca do

CSC de Vite até un mes despois da entrega de premios.

once O Departamento de Centros Socioculturais poderá

publicar os relatos, sen que isto implique privación ningunha

dos dereitos de autor para a súa publicación posterior.

doce O premio poderá ser considerado deserto polo xurado en

caso de non acadar o nivel de participación ou de calidade esperado.

Nese caso darase un premio simbólico ao mellor traballo.

trece A participación no concurso supón a aceptación das súas bases.

www.guiaconcursosliterarios.com

Máis información:

Centro Sociocultural José Saramago de Vite

Tel. 981 542490

bibliotecacsc@santiagodecompostela.org

www.santiagosociocultural.org

phone



Guia de Concursos Literarios de Esteban: http://www.guiaconcursosliterarios.com